Parroquia de
San Cibrao do Carballiño
DATOS DE INTERESE
A vila do Carballiño situada nun lugar xeoestratéxico con respeto ás vías de comunicación ( a 28 quilómetros de Ourense), está chamada a ser un lugar de unión ou encrucillada entre Pontevedra, Santiago, Ourense e Lugo. Unirá o interior de Galicia a través de futuras vías de comunicación coa A-52.
Os piares da súa economía están basados na agricultura, gandería, madeira, comercio, acuicultura, emigración e turismo. Todo isto fixo que experimentara un crecemento acelerado, a veces anárquico, que nos permite ver edificios de varias alturas ao lado de terreos edificables en estado de semiabandono ou pisos desocupados.
De Carballiño destaca o seu parque municipal con máis de 12 hectáreas onde se celebran famosas romerías e festas gastronómicas como a coñecida "Festa do Pulpo".Os balnearios de Carballiño e arredores, son visitados por moitas persoas que atopan un lugar de descanso e reposición ao benestar persoal. A promoción turística conxunta dos concellos limítrofes de Boborás, Leiro e Ribadavia levara consigo que sexa este enclave único no territorio galego.
Pero o símbolo emblemático, que resalta e destaca na vila, é o templo da Veracruz. Noutro apartado destas páxinas temos un enlace do Concello de Carballiño para coñecer algo máis deste templo. Seguramente é a obra máis emotiva e de maior forza expresiva que se construeu na última época. Aquí pódense estudiar todos los "neos" expresivos da arquitectura.
As obras iniciaronse no 1.943 baixo o proxecto do arquitecto Palacios que tamén contrueu o templo de Panxón en Nigrán (Vigo). O arquitecto e o maestro de obras que supervisaba a construcción, Adolfo Otero Lavandeira, fixeron que se consagrara como templo no 1952.
A igrexa ocupa 1080 metros cuadrados presidida por unha torre de 52 metros de altura, cunha nave rotonda cuberta por unha cúpula de 15 metros de diámetro e un precioso ábside orredor. A igrexa conta con 117 arcos, 5.985 dovelas, 24 portas, 86 ventás, 12 rosetóns ( 4 deles de 3.5 metros de diámetro), unha ventá de celosía de pedra, 8 columnas hexagonais, 8 cilíndricas, 2 pentagonais e 2 octogonais.