Programación diocesana de Pastoral 2010/ 2011

 



OBISPADO DE OURENSE

CURSO 2010-2011
OBXECTIVO XERAL

A Igrexa en Ourense, asumindo o compromiso bautismal, expresa a súa confianza nos xóvenes e convocaos a ser testemuñas de Cristo e protagonistas da súa misión evanxelizadora.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS PARA O CURSO 2010 – 2011

 
  1. Reavivar na comunidade cristiá a conciencia de que, polo bautismo,todos somos membros activos e corresponsables na misión da Igrexa.
  2. Propoñer ós mozos e mozas o encontro con Xesucristo na Igrexa para que se incorporen á misión evanxelizadora nos seus ambientes.
  3. Potenciar a formación (capacitación) dos axentes de pastoral (sacerdotes, relixiosos, relixiosas, pais, nais, catequistas, profesores...) para acoller e acompañar ós mozos e mozas no seu proceso de maduración da fe.

 

 


 

 

 

OBXECTIVO ESPECIFICO PRIMEIRO.
 

Reavivar na Comunidade Cristiá a conciencia de que, polo bautismo, todos somos membros activos e corresponsables na misión da Igrexa

Nivel Diocesán

Facer que a comunidade cristiá tome conciencia do seu compromiso bautismal mediante:

  • Cursiño diocesano sobre a Igrexa, misterio de Comunión e misión (Semana de Teoloxía).
  • Preparación prebautismal de pais e padriños (acollida, cursiño, celebración...).Responsables: Delegacións de Liturxia e Catequese.
  • Preparación á iniciación cristiá de adultos. Responsables: Delegacións de Liturxia e Cataquese.

Nivel Arciprestal:

  • Seguir urxindo o cumprimento da normativa diocesana respecto da Iniciación Cristiá. Responsable: Sr. Arcipreste.
  • Incorporar segrares á actividade pastoral do arciprestazgo. Responsable: Sr. Arcipreste.

Nivel Parroquial:

  • Presentación da programación pastoral na parroquia a través dun guión diocesano como marco da programación parroquial. Responsables: Sr. Cura Párroco e colaboradores.
  • Explicar e incidir en homilías dominicais, tempos fortes, reunións de pais e nais...as esixencias da condición bautismal. Responsables: Sr. Cura Párroco e equipo de liturxia.
  • Crear e promover canles de participación dos laicos na parroquia: consello de pastoral, económico, asemblea parroquial...Responsables: Sr. Cura Párroco e colaboradores.
  • Coidar, de maneira especial o aspecto vocacional nas catequeses parroquiais. Responsables: Sr. Cura Párroco e Responsable de catequese.


OBXECTIVO ESPECIFICO SEGUNDO

Proporlle ós mozos e mozas o encontro con Xesucristo na Igrexa para que se incorporen á misión evanxelizadora nos seus ambientes.

Nivel Diocesán

  • Potencias e coordinar tódolos movementos diocesanos que traballan con mozos e mozas. Responsables: delegacións de Mocidade e Apostolado Segrar.
  • Encontro diocesano da mocidade con un traballo previo ( parroquia-arciprestado-diócese) orientado a "JMJ" (Xornada Mundial da Mocidade). Responsable: Delegación da Mocidade.
  • Crear unha plataforma de voluntariado onde os mozos e mozas atopen espazos para implicarse ( Cáritas, Mans Unidas, Proxecto Home, Residencias, Centro Penitenciario...) Coordina: delegación da Mocidade con un equipo no que estean representados ditas institucións.
  • Espacio fixo na revista Comunidade para "JMJ".

Nivel Arciprestal:

  • Facer o censo de mozos e mozas en cada zona ou arciprestazgo ao principio de curso. Responsables: Sr. Arcipreste e Responsable da mocidade na zona.
  • Convocar un encontro da mocidade por zonas ou arciprestazgos no primeiro trimestre, orientado a "JMJ". Responsables: Sr. Arcipreste e Responsable da mocidade na zona, en coordinación coa Delegación da Mocidade.
  • Encontro de confirmandos co gupo de mozos e mozas do Arciprestazgo ao final do curso. Responsable: Sr. Arcipreste e responsable da mocidade na zona en coordinación coa Delegación da Mocidade.
  • Organizar convivencias, campamentos, retiros e Exercicios Espirituais para a mocidade. Responsables: Sr. Arcipreste e responsable da mocidade na zona.

Nivel Parroquial:

  • Convocar aos mozos e ás mozas confirmadas para invitalos a participar nos encontros arciprestais e diocesanos da "JMJ". Responsable: Sr. Cura Párroco.
  • Reunión para c oordinar parroquia e profesores de relixión que traballen no ámbeto parroquial, en orden a preparación e participación na "JMJ". Responsables: Sr. Cura Párroco e Delegación da Mocidade.
  • Participar no encontro diocesano de mozos e mozas . Responsables: Sr. Cura Párroco e Delegación da Mocidade.
  • Utilizar as posibilidades que ofrecen as redes sociais (Facebook, Tuenti, e-mail...) nesta pastoral da mocidade.

OBXECTIVO ESPECIFICO TERCEIRO

Potenciar a formación (capacitación) dos axentes de pastoral (sacerdotes, relixiosos, pais, nais, catequistas, profesores....) para acoller e acompañar os mozos e as mozas no seu proceso de maduración na fe.

Nivel Diocesán

  • Orientar a Formación Permanente do clero a tenor do expresado nesta programación ( Documento Marco da Comisión Episcopal da Mocidade). Responsables da Formación Permanete do Clero.
  • Cursiño a nivel diocesano para axentes de pastoral e monitores de animación xuvenil, como inicio dunha escola de formación de axentes de pastoral con mozos. Responsable: Acción Católica de Ourense.

Nivel Arciprestal:

  • Animar aos segrares para que participen nos ámbetos de formación diocesana (Cursiños, Escolas Diocesanas...). Responsables: O Sr. Arcipreste e Responsable de Apostolado Segrar.
  • Propoñer por zona ou arciprestazgo un sacerdote, relixioso ou segrar, que sexa o responsable da pastoral cos mozos e mozas. Responsables: os sacerdotes do arciprestazgo.

Nivel Parroquial:

  • Rezar nas distintas celebracións parroquiais polos mozos e mozas para que descubran a súa vocación cristiá. Responsables: Sr. Cura Párroco e Delegacións de Mocidade e das Vocacións.
  • Facer que as familias , "Igrexas Domésticas", tomen conciencia do seu compromiso bautismal, aproveitando reunións con pais e nais, homilías, Escolas de pais e nais, Semana da Familia...para motivar e acompañar o proceso de maduración na fe dos seus fillos e fillas. Responsables: Sr. Cura Párroco.

 

 

 

 

  Atrás

 
    VOLTAR  A PÁXINA  DE  INICIO